Sobre nÓS
Conoce academia cartafol


Anos de experiencia
Alumnos
Comprometidos co noso traballo
Preocupámonos polos nosos estudantes
a nosa historia
Academia Cartafol
En Academia Cartafol, ofrecemos clases presenciais basadas nunha atención personalizada adaptada a cada alumno.
Somos un equipo de profesores especializados en ciencias e letras, cunha clara vocación pola docencia. Preocupámonos polo rendemento do alumnado a diario e cremos que a comunicación cos pais é esencial para acadar os obxectivos académicos.
As nosas clases son en grupos reducidos, cun máximo de 6 alumnos. O noso mínimo para grupos de apertura é de 3 persoas. Tamén ofrecemos a posibilidade de clases individuais.
SOBRE NÓS
Coñece o equipo

Anabel
Ola! Son Anabel, xestora e profesora da Academia Cartafol.
Sempre souben que a ensinanza era a miña vocación e que non só me permitía ensinar, senón tamén aprender. Non pasa un día sen que os meus alumnos me ensinen algo novo, o que enriquece tanto a miña vida como o meu ensino. Todos os meus alumnos inspíranme para seguir crecendo como persoa e profesional no meu día a día.

Martín
Chámome Martín e son licenciado en Química, con varios anos de experiencia.
Ofrezo apoio a estudantes desde terceiro de secundaria ata segundo de bacharelato en materias científicas. As miñas clases adáptanse ás necesidades de cada alumno, con explicacións personalizadas, exercicios
específico e unha abordaxe que fortalece a súa confianza e comprensión

Rebeca
Chámome Rebeca e son filóloga inglesa con 7 anos de experiencia. As linguas son o meu forte, e por iso ofrezo apoio a estudantes dende cuarto de primaria ata segundo de bacharelato, en galego, castelán e inglés. As miñas clases céntranse nas necesidades que poida ter cada alumno, con explicacións e exercicios prácticos para reforzar a súa comprensión.

Tania
Son Tania, profesora de inglés especializada en nenos de 3 a 8 anos. Vivín en varios países de fala inglesa e teño certificacións como o Proficiency C2. Dende 2022, dou clases en Cartafol e apaixóname o traballo que fago cos nenos.
Cunha abordaxe dinámica e creativa, deseño clases temáticas e divertidas para que o alumnado poida aprender mentres xoga. Cada sesión é unha nova aventura, adaptada ao seu ritmo e ás súas necesidades, e o máis importante: sempre marchan cun sorriso!Descubre o máxico e divertido que pode ser o inglés.
Cartafol
Os nosos valores
Na nosa academia, cremos que a educación vai máis alá do simple coñecemento. Esforzámonos por inculcar valores fundamentais en cada un dos nosos estudantes, promovendo a integridade, o respecto, a responsabilidade e a colaboración.
Compañerismo
Respeto
Responsabilidade
Tes algunha dúbida?
Estamos aquí para axudarche
Cumplimenta o seguinte formulario ou póñase en contacto connosco a través dos medios facilitados, e axudarémosche a resolver calquera dúbida que teñas.
Correo Electrónico
info@academiacartafol.com
Número Teléfono
616 46 13 42
Dirección
Avenida de Caión 12 bajo izquierda
Por qué escollernos?
Profesores especializados
Contamos cun equipo de profesores especializados que combinan teoría e práctica para ofrecerche unha formación integral e de calidade.
Atención personalizada
Ofrecemos unha atención personalizada para cada alumno, garantindo que reciba o apoio e os recursos que precisa para acadar os seus obxectivos.
Grupos reducidos
As nosas clases son en grupos reducidos, cun máximo de 6 alumnos. Tamén ofrecemos a posibilidade de clases individuais.
Contáctanos
Estamos para ayudarte
Si tienes dudas o necesitas solicitar más información ponte en contacto con nosotros.